Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Aberto o prazo de inscrición para o Curso de iniciación á astronomía

[15-09-2005] Ata o 21 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Iniciación á Astronomía que desenvolven conxuntamente as concellarías de Medio Ambiente e Mocidade en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
O curso terá lugar os días 23 e 30 de setembro, e 7,14 e 21 de outubro.
As inscricións pódense facer na Aula da Natureza, situada na Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns.
Os teléfonos de contacto son: 981 88 30 02 e 660 004 665

Aberto o prazo de solicitude de uso de instalacións deportivas municipais

[13-09-2005] Ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para o período comprendido entre o 1 de outubro de 2005 e o 30 de xuño de 2006.

Os interesados poden consultar o horario ofertado e as condicións de aluguer no seguinte enlace

Inscricións na Escola de Música

[09-09-2005] Do 5 ao 16 de setembro de 2005 está aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Ames.

Os locais de información e matrícula son:
Casa da Cultura de Bertamiráns de 9 a 14 horas e de 18 a 20 horas
Casa de Cultura do Milladoiro. De 9 a 14 horas e de 18 a 20 horas.

Para inscribirse é necesario presentar os seguintes documentos:
Impreso de inscrición, impreso de domiciliación de documento e 2 fotos.
Ademais será requisito imprescindible estar empadroado en Ames.

Teléfono de información: 981 535940

Aberto o prazo de inscrición para o IV Curso de Manipulador de Alimentos

[09-09-2005] Ata o día 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición no IV Curso de Manipulador de Alimentos que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego do Concello e Ames.

O curso impartirase o 15 de setembro na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 19:00 a 22:00 horas.

O curso será impartido pola empresa "Sanea" e dará dereito a expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003.

A inscrición poderase realizar a través do número de teléfono 981 883 002, ou na propia Casa do Concello sita en Bertamiráns.

Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais

[09-09-2005] Desde o día 12 ata o día 23 de setembro está aberto o prazo para a inscrición nas Escolas Deportivas e Culturais dependentes da Concellaría de Cultura e Deportes de Ames.
Os lugares para facer a inscrición son:
Casa da Cultura de Bertamiráns, de 8 a 14 e de 18 a 20 h.
Casa da Cultura do Milladoiro, de 9 a 14 e de 18 a 20 h.

O inicio das escolas e obradoiros será na semana do 3 de outubro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925