Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Quedan 9 prazas libres na Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames

[16-08-2006] Das 430 prazas que oferta este ano a Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames, están solicitadas ata o momento 395 prazas nos comedores escolares dos Colexios de Bertamiráns e de Ventín e nas Aulas Provisionais de Aldea Nova. 26 prazas se reservan para os/as usuarios/as ocasionais e para casos de emerxencia social que poidan sobrevir ao longo do curso. As 9 restantes están libres e aínda poden ser solicitadas.
Por comedores:
As aulas provisionais de Aldea Nova teñen 24 solicitudes, reservan 4 prazas para ocasionais e casos de emerxencia social e quedan 2 prazas libres.
Para o comedor do colexio de Bertamiráns hai 181 solicitudes, se reservan 15 prazas para ocasionais e casos de emerxencia social e quedan 4 prazas libres.
Para o comedor do colexio de Ventín hai 190 solicitudes, se reservan 7 prazas para ocasionais e casos de emerxencia social e quedan libres 3 prazas.
Cómpre salientar que ao longo do curso e terán preferencia os casos de emerxencia social.

Ábrese o prazo de inscrición nas Escolas de Verán

[11-08-2006] Ata o día 10 de xuño está aberto o prazo de inscrición na Escola de Verán coa que a Concellaría de Educación pretende axudar aos pais e as nais a conciliar a vida laboral e familiar. A Escola desenvolverase no MIlladoiro e en Bertamiráns de luns a venres, excepto festivos, entre as sete e media da mañá e as 16 horas. A Escola ofrece servizo de almorzo e de comedor.
Os interesados poden inscribirse nas Oficinas Municipais do Milladoiro e no Departamento de Educación na Casa do Concello de Bertamiráns
Consulta aquí as bases e descarga a ficha de inscrición

Can perdido en Bugallido

[10-08-2006] Onte perdeuse na zona de Bugallido un can de raza Beagle. Calquera persoa que dispoña dalgún dato ou que recollese o animal, debe poñerse en contacto cos seus propietarios no teléfono 620 165 306. Haberá unha gratificación para quen volva o can.

Listaxes provisionais dos usuarios/as exentos de taxas na Rede Municipal de Comedores

[10-08-2006] Xa están dispoñibles as listas dos usuarios/as do comedor aos que se lles concede provisionalmente a exención de taxas na Rede de Comedores Escolares de Ames.
A comisión de baremación reuniuse co obxecto de examinar todas as solicitudes de exención de taxas presentadas polos usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares e valoralas conforme á ordenanza fiscal reguladora da taxa (artigo 6. beneficios fiscais).
Concédense 10 días naturais para a presentación de alegacións. Transcorrido este prazo, se non hai alegacións, esta proposta provisional elevarase a definitiva.
O prazo para a presentación de alegacións finaliza o 19 de agosto de 2006.
As listaxes provisionais están expostas nos taboieiros da Casa do Concello, en Bertamiráns e da Oficina Municipal do Milladoiro.
Tamén podes consultar as listaxes se picas nas seguintes ligazóns:

Os propietarios/as de fincas rústicas e urbanas teñen a obriga de mantelas limpas de maleza

[10-08-2006] Lémbraselle a todos/as propietarios/as de fincas rústicas ou urbanas, que teñen a obriga de mantelas limpas, e que calquera tipo de maleza non pode invadir nin as fincas colindantes, nin os camiños, vías públicas ou calquera outra propiedade. Podes consultar aquí o Bando da alcaldía con todas as obrigas e as sancións que trae consigo o feito de non cumprir esta obriga.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925