Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Aberto o prazo de inscrición para setembro lúdico

[09-08-2006] Ata o día 23 de agosto está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación da vida laboral e a vida familiar Setembro lúdico que se desenvolverá os días 1,4,5,6,7 e 8 de setembro. O programa está dirixido aos nenos e ás nenas de 3 a 12 anos.
A inscrición pode facerse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Podes descargar aquí a ficha de inscrición.
Consulta aquí as bases do programa e baixa a ficha de inscrición

A inscrición para Tardes Divertidas faise nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro

[09-08-2006] Ata o día 23 de agosto está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Tardes divertidas.
Nesta ocasión, a inscrición ten que facerse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
O programa está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase ao longo do curso escolar 2006-07.
Este ano, como novidade, o servizo cubrirá tamén as vacacións escolares.
Tardes divertidas no Milladoiro ten horario de 17 a 21 horas e levarase a cabo no local parroquial. En Bertamiráns o horario será de 16:30 a 21 horas e as actividades desenvolveranse no IES.
Consulta aquí as bases do programa e descarga as fichas de inscrición

Aberto o prazo de inscrición para a excursión ao aquapark de Cerceda

[08-08-2006] Ata o día 23 de agosto está aberto o prazo de inscrición para a excursión ao aquapark de Cerceda, que se celebrará o sábado, día 26 de agosto.
Os prezos para esta excursión son de tres euros para os maiores de 12 anos e dous euros para os nenos de 5 a 12 anos. Para os nenos de 0 a 14 anos a excursión é gratuíta.
Os bonos pódense comprar nas casas de cultura en horario de 9 a 14 horas.
Todos os interesados/as deberán estar empadroados no concello de Ames.
Os menores de 18 anos deberán achegar unha autorización paterna e os menores de 10 deberán ir acompañados dunha persoa maior de idade que se faga responsable deles.

Aberto o prazo de inscrición no servizo Bos Días Cole

[07-08-2006] Desde o día 9 de agosto e ata o día 6 de setembro está aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación da vida laboral e familiar Bos días Cole para o curso 2006/2006. Os interesados/as poden inscribirse no Concello de Ames, en Bertamiráns e na oficinas municipal do Milladoiro. Ademais poden obter máis información no teléfono 981883002 e a través do enderezo electrónico comedores@concellodeames.org

Aberto o prazo de inscrición para Xuño Lúdico

[02-08-2006] Ata o día 12 de xuño está aberto o prazo de inscrición para Xuño Lúdico, o programa de conciliación da vida laboral e familiar destinado a nenos de 3 a 12 anos. A actividade desenvolverase os días 27, 28, 29 e 30 de xuño en horario de 7,30 da mañá á 16:00 horas.
A inscrición pode facerse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Haberá servizo de autobuses.
Consulta aquí os prezos e as bases e descarga a ficha de inscrición.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925