Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Aberto o prazo de inscrición para acudir ao Encontro Nacional do Carballiño 06

[05-07-2006] Ata o 3 de xullo está aberto o prazo para inscribirse na excursión ao Carballiño que a Concellaría de Servizos Sociais en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar programa para acudir ao 28 Encontro Nacional do Carballiño 06 o día 8 de xullo.
As persoas maiores que queiran inscribirse poden facelo nas Casas de Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns en horario de 10 a 14 e de 17 a 21. Tamén poden obter máis información chamando ao teléfono 609 952 915.
O encontro leva o título xenérico de Lecer para os nosos maiores e quere constituírse nun espazo e referencia para un envellecemento activo. O encontro será presentado e animado por Superpiñeiro e haberá obradoiros, xogos, romaría, xantar e baile a cargo das orquestras Ledicia e Amizade.

Anuncio de retirada de vehículos anbandonados

[05-07-2006] Logo de terse intentado infrutuosamente por parte desta administración a notificación domiciliaria prevista no artigo 58 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ós titulares dos vehículos que a continuación se relacionan, sen que se puideran realizar por distintas circunstancias que constan nos respectivos expedientes, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, practícase esta notificación por medio da súa publicación no BOP, co obxecto de requirir aos titulares para que no prazo de 15 días procedan á retirada dos vehículos do depósito municipal habilitado ó efecto e baixo apercibimento de que se así non o fixeran, os vehículos serán considerados residuos sólidos urbanos.

Esta información é un extracto do edicto publicado polo Concello, que ten carácter de notificación expresa e individualizada a cada un dos titulares, significándolles que os expedientes completos poderán ser consultados na secretaría xeral do Concello de Ames de luns a venres de 9 a 14 horas.

VA/16 Honda Civic C-8010-BM Olegario Bernárdez Varela Avda. da Mahía, nº 79, P-1, 3º A, Bertamiráns - Ames

VA/17 Opel Ascona C-6016-AC Iván Ortega Rodríguez Carretera Bandeira, nº 32, 3º D - Vila de Cruces

VA/18 Peugeot 309 C-0260-AH Manuel Jesús Pampín Mato R/ Tabariscos, nº 21, 1º - Santiago de Compostela

Listaxe de inscriptos/as na II Campaña de Compostaxe no fogar

[05-07-2006] Vén de celebrarse o sorteo dos 50 composteiros da II Campaña de Reciclaxe no Fogar. Houbo 53 solicitudes. Porén, pola renuncia de Pilar Candocia, de Xosé Manuel Fernández e de Jorge Sampaio, todas as persoas que o solicitaron obtiveron o seu colector.

Técnicos de ADEGA han poñerse en contacto coas persoas que obtiveron composteiro para concertar unha entrevista explicativa e tamén a entrega do colector.

Listado de admitidos/as no curso de enerxías renovables

[05-07-2006] A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego e máis a Deputación Provincial da Coruña veñen de facer pública a lista de admitidos/as e excluídos/as dentro do curso sobre instalación de enerxías renovables que se vai desenvolver en Ames no marco do programa Proximitas Plus.

Este curso comezará a primeiros do mes de xullo. A Deputación provincial esta poñéndose en contacto xa con todos os admitidos de cara a achegarlles máis información.

Na seguinte ligazón pode descargarse a listaxe completa.

Lista de admitidos nos campamentos de verán

[26-06-2006] Podes consultar aquí as listas de admitidos para os distintos campamentos de verán que organizan as concellarías de Educación e Medio Ambiente.

O prazo para formalizar a matrícula é do 12 ao 16 de xuño en horario de mañá e tarde. Pola mañá na casa do Concello en Bertamiráns e na oficina municipal do Milladoiro e pola tarde nas bibliotecas públicas.

Por ampliación de prazas nuns casos e por busca de emprazamentos alternativos noutros, todos os nenos e nenas poderán ir de campamento este verán. En Kiriko ampliáronse as prazas e os nenos e nenas que quedaron fóra das Fervenzas da Toxa, poderán ir ao albergue Alvarella, ao pé das Fragas do Eume.

O xoves, día 15 de xuño, ás 18'30 h., haberá unha xuntanza informativa sobre estes campamentos no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925