Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros Máis Alá

[08-02-2006] Ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros Máis Alá que teñen como obxectivo achegarlles aos nenos e nenas do último ciclo de Educación Primaria a realidade sociolingüística a través de todo tipo de actividades lúdicas e educativas.
Organizados pola Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Cooperativa Tagen, desenvolveranse na Casa da Cultura de Bertamiráns todos os sábados desde o 18 de febreiro ata o 8 de abril en horario de 17 a 18,30.
Os cativos e cativas interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse ben a través do titor ou titora escolar que indicará a cada neno e a cada nena como cubrir a ficha e onde entregala, ben cunha chamada dos pais ou as nais ao teléfono 981 883 002, no que deberán preguntar polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Inscricións para o obradoiro sobre Cultura Exipcia

[06-02-2006] A Escola Unitaria de Trasmonte acollerá os sábados 11, 18 e 25 de febreiro entre as 11,30 e as 13,30 un obradoiro sobre Cultura Exipcia.
No obradoiro abordaranse cuestións relacionadas coa astronomía, a escritura xeroglífica, as pirámides, a olaría, os vestidos, a maquillaxe, os perfumes e as cremas e a fauna e flora do antigo Exipto.
Cos vetidos e os obxectos elaborados formarase unha comparsa para o martes de entroido.

Poderán participar neste obradoiro os maiores de cinco anos.
O prazo de inscrición abrangue desde o 3 ao 10 de febreiro.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través de distintas opcións:
Dirixíndose directamente á Concellaría de Medio Ambiente na Praza do Concello número 2.
Chamando aos teléfonos 660 004 665 entre as 9 e as 20 horas.
Na Oficina Municipal do Milladoiro e nos teléfonos 981 530 983 entre as 9 e as 14 horas
Nas Bibliotecas Municipais entre as 17 e as 21 horas.
A través do fax 981 883 925
A través do correo medioambiente@concellodeamer.org

A Aula da Natureza porá a disposición das persoas interesadas autobuses para trasladarse a Trasmonte. Os autobuses sairán ás 11 da mañá da Casa da Cultura do MiIladoiro e ás 11,15 da Praza do Concello de Bertamiráns

Menú da Rede de Comedores Escolares

[06-02-2006] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando nos seguintes enlaces:

Inscricións para a excursión a Candanchú

[03-02-2006] Ata o día 24 de febreiro está aberto o prazo de inscrición para a excursión a Estación Invernal de Candanchú na que poden participar os rapaces e as rapazas de dez a trece anos.
O prezo desta excursión, que promove a Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa Concellaría de Cultura e Deportes de Ames, é de 85 euros.
A inscrición pódense facer:
Na Oficina de Información Xuvenil, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns.
No teléfono 981 81 58 01
E a través do mail: cultura.deportes@dicoruna.es
Dado que as prazas son limitadas, farase un sorteo entre todos os inscritos o luns, día 27 de febreiro ás 12 horas na Casa do Concello.

Resultados da proba tipo test para a contratación dun/ha docente para o Equal Compostela Social

[31-01-2006] Xa se saben os resultados da proba tipo test correspondente a segunda fase do proceso de selección para a contratación temporal dun/ha docente/a para o programa Equal "Compostela Social".
De acordo co establecido nas Bases do proceso de selección convócase aos/ás aspirantes aprobados/as neste primeiro exercicio, para a realización da segunda proba da fase de oposición, que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro mércores día 1 de febreiro de 2006, ás 17:00 horas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925