Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Posponse a presentación do Programa Equal no Milladoiro

[02-11-2005] A presentación do programa comunitario EQUAL prevista para o día 3 de novembro na Casa de Cultura do Milladoiro posponse, por motivos de organización, para o luns día 7. A Casa de Cultura do Milladoiro acollerá ás oito da tarde a presentación deste programa destinado a incentivar o emprego e o autoemprego entre os colectivos con maior risco de exclusión laboral.

O 27 remata o prazo de inscrición no Obradoiro de Integración Lingüística e Cultural para inmigrantes e retornados/as

[25-10-2005] Ata o día 27 de outubro está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de integración lingüística e cultural para inmigrantes e emigrantes retornados/as.
Os interesados poden inscribirse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.
O obradoiro comezará o 2 de novembro e terá unha duración de 32 horas. As clases impartiranse os luns, mércores e venres de 20 a 22 horas.
Se hai máis demandas que prazas, celebrarase un sorteo entre todos os inscritos.
Quen desexe máis información pode chamar ao teléfono 981 88 30 02 ou escribir ao seguinte enderezo electrónico: normalización@concellodeames.org

Posponse a visita dos alumnos de astronomía ao Observatorio Ramón María Aller

[22-10-2005] A visita que ían realizar os alumnos do I Curso de Inciciación a Astronomía de Ames ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller posponse por mor do mal tempo.
Esta previsto que a actividade se realice o vindeiro venres, día 28 de outubro.
A visita estaba enmarcada dentro das actividades do curso de Iniciación á Astronomia que organiza a Concellaría de Medio Ambiente a través da Aula da Natureza do Concello de Ames en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Peche de inscrición para o comedor escolar do CEIP de Ventín

[18-10-2005] Segundo o artigo 6 do Regulamento de Funcionamento dos Comedores Escolares do Concello de Ames, (aprobado no Pleno do Concello do 7 de maio de 2005 e publicado no BOP do 30 de xullo de 2005), comunícase que o número máximo de prazas dispoñibles do comedor escolar do CEIP de Ventín é de 162. Neste momento hai ocupadas 147, polo que se pecha o prazo de inscrición no día de hoxe, reservando 15 prazas para casos de emerxencia social e usuarios ocasionais

Listas de admitidos nas Escolas Deportivas e nos Obradoiros Culturais

[04-10-2005] Nos taboleiros dos pavillóns e das Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro están expostas as listas de admitidos nos Obradoiros Culturais e nas Escolas Deportivas que dependen da Concellaría de Cultura e Deportes.
O luns, día 3 de outubro, publicaranse nos mesmos espazos a oferta de novos grupos para os inscritos en calidade de reserva e para os grupos que aínda non están completos.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925