Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Listaxe de inscriptos/as na II Campaña de Compostaxe no fogar

[05-07-2006] Vén de celebrarse o sorteo dos 50 composteiros da II Campaña de Reciclaxe no Fogar. Houbo 53 solicitudes. Porén, pola renuncia de Pilar Candocia, de Xosé Manuel Fernández e de Jorge Sampaio, todas as persoas que o solicitaron obtiveron o seu colector.

Técnicos de ADEGA han poñerse en contacto coas persoas que obtiveron composteiro para concertar unha entrevista explicativa e tamén a entrega do colector.

Listado de admitidos/as no curso de enerxías renovables

[05-07-2006] A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego e máis a Deputación Provincial da Coruña veñen de facer pública a lista de admitidos/as e excluídos/as dentro do curso sobre instalación de enerxías renovables que se vai desenvolver en Ames no marco do programa Proximitas Plus.

Este curso comezará a primeiros do mes de xullo. A Deputación provincial esta poñéndose en contacto xa con todos os admitidos de cara a achegarlles máis información.

Na seguinte ligazón pode descargarse a listaxe completa.

Lista de admitidos nos campamentos de verán

[26-06-2006] Podes consultar aquí as listas de admitidos para os distintos campamentos de verán que organizan as concellarías de Educación e Medio Ambiente.

O prazo para formalizar a matrícula é do 12 ao 16 de xuño en horario de mañá e tarde. Pola mañá na casa do Concello en Bertamiráns e na oficina municipal do Milladoiro e pola tarde nas bibliotecas públicas.

Por ampliación de prazas nuns casos e por busca de emprazamentos alternativos noutros, todos os nenos e nenas poderán ir de campamento este verán. En Kiriko ampliáronse as prazas e os nenos e nenas que quedaron fóra das Fervenzas da Toxa, poderán ir ao albergue Alvarella, ao pé das Fragas do Eume.

O xoves, día 15 de xuño, ás 18'30 h., haberá unha xuntanza informativa sobre estes campamentos no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.

Lista de admitidos/as no sorteo dos Campamentos de Verán 2006

[22-06-2006] Dacordo coas bases dos Campamentos de Verán, o Concello vén de facer públicas as listas de solicitude de preinscrición para participar no soreo para a Acampada e os campamentos de verán deste ano.

Os listados están expostos ao público a efectos de exame e reclamacións, que se poderán formular nas concellarías de Educación e Medio Ambiente ata as 14'00 h. do día 5 de xuño.

As listas definitivas de admitidos e admitidas para o sorteo serán publicadas nos mesmos lugares o 7 de xuño.

Normas para as cacharelas da noite de San Xoan

[15-06-2006] O Concello ten publicado un bando polo que se regulan as normas de obrigado cumprimento para a realización de cacharelas durante a noite do San Xoan. Son oito normas que recollen algúns aspectos relacionados coa seguridade e coa necesidade de solicitar unha autorización previa por parte do Concello.

1.- As persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela presentarán a solicitude correspondente no rexistro deste Concello antes das 13â??00 horas do día 21 de xño, sinalando o lugar elixido, así como o nome, enderezo e teléfono de contacto dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores.

2.- O volume de combustible da cacharela non sobrepasará os oito (8) metros de prímetro nin os tres (3) de altura.

3.- A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será, como mínimo, de vinte (20) metros.

4.- Porase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónics, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

5.- Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc. e, en xeral, calquera substancia que desprenda fume tóxico ao arder.

6.- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (esprais), aínda que estean baleiros. Tampouco se deben botar petardos ou calquera outro tipo de explosivos, que poden multiplicar a súa potencia por causa da calor estrema.

7.- No suposto de que a cacharela se faga sobre terreos de uso público enlousado, os organizaqdores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros de espesor como mínimo.

8.- Ao rematar a chacharela e antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán de que o pavimento quede no mesmo estado que se encontraba antes de comezar o lume e aseguraranse de que non quede ningún rescoldo aceso.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925