Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inscricións en Tardes Divertidas

[13-07-2006] O programa Tardes Divertidas é un programa experimental con oferta educativa e de ocio desenvolto pola Concellaría de Educación para nenos e nenas desde os 3 aos 12 anos. O programa desenvólvese coincidindo co calendario escolar 2005-06. As prazas que se ofertan son en total 70, das que se reservan o 10% para casos enviados desde Servizos Sociais.
O programa permite a partir de agora que os nenos e nenas de Ames participen das actividades en días soltos.
O requisito para poder acollerse a esta modalidade de días soltos é o de avisar o día anterior entre as 17:00 e as 20:00 h nos seguintes teléfonos:
Bertamiráns: 677555748
Milladoiro: 605623191.
Os bonos para estes días soltos custan 3 euros ao día e inclúen a merenda. Os bonos están á venda nas oficinas de Caixa Nova do Milladoiro e de Bertamiráns. Estes bonos entregaránselle ás monitoras do servizo.
Por outra parte, continúa aberto o prazo de inscrición na modalidade de usuario fixo. Neste caso, o custo da actividade é de 50 euros ao mes para o primeiro irmán, 30 euros para o segundo e 10 euros para o terceiro irmán que se inscriba no programa. Ofrécese tamén un servizo de merenda por 10 euros ao mes.
O aboamento do servizo farase mediante ingreso na conta do Concello nº: 2080-0215-41-0040000056 (CAIXANOVA) nos 10 primeiros días naturais do mes nos que se use o servizo. O resgardo do pagamento haberá que entregalo nas oficinas municipais, en horario de mañá, ou ás monitoras do servizo en horario de tarde. Cómpre salientar que no Milladoiro recolleranse os menores de 7 anos na parada do autobús escolar que se indique na ficha de matrícula.

Tardes Divertidas desenvólvese no IES de Bertamiráns entre as 16:30 e as 21 horas e no Centro de Ocio e Tempo Libre da Asociación de Voluntariado Xuvenil Naif do Milladoiro entre as 17: e as 21 horas.

Ligazóns relacionadas

Inscricións na X Travesía a Nado "Praia Fluvial de Tapia"

[05-07-2006] A X Travesía a nado "Praia fluvial de Tapia" terá lugar o domingo 31 a partir das 12 da mañá.

As inscricions poden formalizarse na Oficina de Información Xuvenil en Bertamiráns tlfno. 981 815 801 ou no fax 981 883 925 ata as 14:00 horas do venres 29 de xullo indicando o inscribirse o nome, apelidos, D.N.I. e data de nacemento completa.

A proba está aberta a participación de todos os nadadores federados e non federados que o desexen.

Os clubes ou asociacions poden enviar relación nominal dos participantes con todos os datos requiridos.
Os participantes menores de 18 anos necesitarán aportar unha autorización paterna.
Os dereitos de inscrición son gratuítos.
Aproximadamente media hora antes da saída entregaranse os gorros numerados a cada participante.

Finaliza o prazo de inscrición nas Escolas de Verán

[05-07-2006] O venres, 29 de xullo finaliza o prazo para inscribirse nas Escolas de Verán

As inscricións pódense facer no Departamento de Educación de Bertamiráns.

Aberto o Prazo de inscrición para o Curso de Coidadores de Alzheimer

[05-07-2006] Ata o día 1 de setembro está aberto o prazo de inscrición no II Curso de Coidadores de Alzheimer que organiza a Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais do Concello de Ames, e a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea).

Os interesados poden inscribirse nos centros socioculturais do Milladoiro e Bertamiráns e no local de Agadea.

Datas do curso: días 5, 6 7, 8 e 9 de setembro en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Matrícula: A matrícula é gratuíta, por orde de inscrición de solicitudes, ata un máximo de 50 prazas. Ao remate do curso entregarase un diploma.

Poderanse informar nos propios centros socioculturais, no servizos sociais municipais, e en Agadea.

A lista de admitidos publicarase o día 2 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición para o IV Curso de Manipulador de Alimentos

[05-07-2006] Ata o día 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición no IV Curso de Manipulador de Alimentos que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego do Concello e Ames.

O curso impartirase o 15 de setembro na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 19:00 a 22:00 horas.

O curso será impartido pola empresa "Sanea" e dará dereito a expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003.

A inscrición poderase realizar a través do número de teléfono 981 883 002, ou na propia Casa do Concello sita en Bertamiráns.

O prezo do curso é de 20 â?¬, cantidade que deberá ser aboada directamente ó profesor e que se fará efectiva ó do inicio do curso.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925