Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inscricións no III Curso de Viticultura

[17-11-2005] Desde o 15 de novembro está aberto o prazo de inscrición para o III Curso de Viticultura que organiza a Oficina do Voluntariado do Milladoiro, dependente da Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais.
O curso desenvolverase desde o 21 de novembro ata o 30 de marzo, todos os luns de 19 a 21 horas na Casa da Cultura.
Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro.
O horario das clases poderá modificarse dependendo da dispoñibilidade dos asistentes.

Inscricións para a Excursión ao Encoro do Con

[17-11-2005] Ata o 18 de novembro está aberto o prazo de inscricións para participar na excursión á Estación hidrolóxica "Encoro do Con" que a Aula da Natureza do Concello de Ames programa para o día 19 de novembro.
A excursión ten como obxectivo principal visitar a exposición "O río Animado" que a Estación Hidrolóxica organiza co gallo da Semana da Ciencia.
Os interesados poden inscribirse na Aula da Natureza â??Concellaría de Medio Ambiente- na Casa do Concello en Bertamiráns. Tamén se poden inscribir nos teléfonos 660 004 665 e 981 88 30 02.
Os autobuses sairán o sábado, día 19, ás 10:30 da Praza do Concello en Bertamiráns e as 10:45 da Casa da Cultura do Milladoiro.
O regreso está previsto para as 13:30 aproximadamente.

Curso de Iniciación á Informática en Bugallido

[10-11-2005] A Concellaría de Cultura e Deportes abre o prazo de inscrición para o Curso de Iniciación á Informática que se vai desenvolver no Local Social de Bugallido desde o día 14 de decembro de 2005 ata finais do mes de febreiro de 2006, todos os martes e os venres de 20 a 22 horas.
O curso está destinado a maiores de 18 anos e para facelo é imprescindible estar empadroado en Ames.
O número de prazas é de 8.
O custo é de 6 euros por todo o curso.
O prazo de inscrición é do 14 de novembro ao 2 de decembro, en horario de 9:30 a 13:00 horas e de 16 a 20 no teléfono 981 53 59 40 (preguntar por Almudena)

Curso de manipulador de alimentos

[08-11-2005] Ata o día 9 de novembro está aberto o prazo de inscrición no V curso de manipulador de alimentos que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego do Concello e Ames.

O curso impartirase o 10 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 19:00 a 22:00 horas.

O curso será impartido pola empresa "Sanea" e dará dereito a expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003.

A inscrición poderase realizar a través do número de teléfono 981 883 002, ou na propia Casa do Concello sita en Bertamiráns.

Aberto o prazo para pagar a taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública

[03-11-2005] Esta taxa poderá pagarse a través de calquera entidade bancaria empregando os recibos que lle enviarán ao contribuínte por correo ordinario. No suposto de que perda o recibo o obrigado ao pagamento poderá obter ata o día 20 de decembro de 2005 un duplicado na oficina de xestión tributaria do Concello de Ames, situada na rúa Ameneiral 18 baixo, teléfono 981.884919 e-mail: ames@afina.net. Os contribuíntes que non tivesen recibido no seu domicilio o recibo, disporán ata o 20 de decembro de 2005 para os solicitar na oficina indicada e efectuar o pagamento nas entidades bancarias, posto que a non recepción non exonera da obriga de pagamento.

O vencemento do prazo en período voluntario sen ter sido satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento de constriximento, a percepción da recarga e demais conceptos esixibles tal e como se fixa no artigo 28 de Lei Xeral Tributaria e no artigo 91 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.

O prazo para o pagamento voluntario é do 30 de outubro ao 30 de decembro de 2005, ambas datas inclusive.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925