Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Menú da Rede Municipal de Comedores Escolares

[16-01-2006] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando nos seguintes enlaces:

Oferta de cursos para hostaleiros

[11-01-2006] A petición da Asociación de Empresarios da Hostalería de Santiago e Comarca, a Concellaría de Desenvolvemento local, Turismo e Emprego, pon en coñecemento de tódolos traballadores e empresarios do sector hostaleiro do Concello de Ames a programación dos cursos de formación para o período 2005-2006.

Estes cursos son subvencionados polo FORCEM (Fundación para a Formación Continua) polo que son totalmente gratuítos e abarcan tanto ao sector da restauración como ao da hospedaxe.

Están dirixidos aos traballadores asalariados que estean amparados no ámbito de aplicación do convenio colectivo de hostalería (Réxime Xeral) ou traballadores autónomos amparados polo mesmo convenio.

Quedan excluídos os traballadores funcionarios, os do SERGAS e o persoal laboral.

As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo no Centro de Formación da Asociación, situado na rúa Salvadas, 29-Baixo no barrio de Vista Alegre â?? teléfono 981 583 366, e deberán presentar a seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI
-Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social
-Fotocopia da Cabeceira da nómina
-Fotocopia do Recibo de Autónomo

Información sobre o Nadal Lúdico no Milladoiro e en Bertamiráns

[21-12-2005] A Concellaría de Educación publica toda a información referida ás actividades do Nadal Lúdico que se van desenvolver no Milladoiro e en Bertamiráns. Os documentos adxuntos que se poden descargar nas premendo co rato nas ligazóns que hai máis abaixo explican polo miúdo como vai funcionar este servizo e tamén conteñen as listaxes dos nenos e nenas inscritos en ámbolos lugares.

Aprobación das novas características do Catastro de Rústica

[20-12-2005] As novas características catastráis dos inmobles de naturaza rústica, resultantes do procedemento de renovación do castastro rústico unha vez resoltas as alegacións presentadas durante o período de exposición pública, estarán expostas ao público nos taboleiros de anuncios do Concello (Bertamiráns e Milladoiro) polo prazo de quince días desde a súa publicación no B.O.P do 14 de decembro.

Lista de baremación de méritos para a contratación dun animador/a cultural

[20-12-2005] De acordo coa acta levantada polos membros do Tribunal encargado de xulgar os méritos e de realizar a entrevista do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/dunha animador/a cultural, faise pública a lista de baremación de méritos no proceso para a contratación de dito/a animador/a cultural.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925