Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Os Reis Magos piden que os nenos escriban ben os seus datos no remite das cartas

[16-12-2005] Os Reis Magos recibiron algunhas cartas de nenos do Concello de Ames que ou non teñen remite ou téñenno imcompleto. Dado que as súas Maxestades van contestar persoalmente todas as cartas, préganlle aos cativos e ás cativas de Ames que escriban con claridade o seu nome e o seu enderzo completo.

Lista provisional de admitidos para unha praza de docente do proxecto EQUAL

[15-12-2005] O Concello de Ames publica a lista provisional dos admitidos e excluidos para a praza de docente para impartir seminarios de emprendedores dentro do proxecto EQUAL "Compostela Social".

O prazo de subsanación de deficiencias dos excluidos remata o día 24 de decembro.
A lista está publicada no taboleiro de anuncios do concello. Tamén a podes consultar na seguinte ligazón:

Menú da Rede Municipal de Comedores Escolares

[15-12-2005] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando nos seguintes enlaces:

Servizo de comedor en Ventín o día 22 de decembro

[13-12-2005] O próximo día 22 de decembro pola tarde non haberá clases no CEIP de Ventín. Por este motivo, os nenos que queden comer no colexio terán que ser recollidos antes das 16'00.

A efectos de saber cantos nenos van empregar o comedor ese día, a concellaría de Educación pídenlles aos pais que devolvan cuberta e asinada a ficha de notificación que poden descargar un pouco máis abaixo.

A ficha haberá que entregarlla a calquera monitor do comedor ou ben na oficina municipal do Milladoiro antes do xoves día 15 de decembro.

Exposición ao público do proxecto de urbanización do plan parcial S-03 'Alto do Vento II'

[13-12-2005] A Xunta de Goberno Local, na súa sesión celebrada o 26 de outubro de 2005, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do plan parcial S-03 'Alto do Vento II'.

De conformidade coa lei, estes documentos poderanse examinar ata finais de ano nas dependencias dos servizos de urbanismo do Concello de Ames, situadas na rúa Alcalde Lourenzo, nº 2, Bertamiráns, e presentar durante o devandito prazo as alegacións que se consideren convintes.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925