Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Lista de admitidos no Obradoiro de Lingua e Cultura

[28-02-2006] Xa se pode consultar a lista de admitidos no Obradoiro de Lingua e Cultura para inmigrantes e emigrantes retornados/as.
Ademais de na web, a lista está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro e no taboleiro municipal que está na praza do Concello.
As clases, nas que participarán 51 persoas de varias nacionalidades, comezarán o día 1 de marzo ás 8,30 da tarde na Casa da Cultura do Milladoiro e no IES de Bertamiráns. Posteriormente as clases no Milladoiro desenvolveranse os luns mércores e xoves entre as 20,30 e as 22,30 horas, e en Bertamiráns os luns, martes e xoves no mesmo horario.
Cómpre salientar que foron admitidas neste obradoiro todas as persoas que se presentaron.

Inscricións para a excursión deportiva a Manzaneda

[21-02-2006] Ata o día 8 de marzo está aberto o prazo de inscrición para a excursión deportiva a Cabeza de Manzaneda que se realizará os día 10, 11 e 12 de marzo.
As persoas interesadas poden inscribirse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
Hai 52 prazas dispoñibles que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición.
Poden participar na excursión persoas de todas as idades, pero os menores de 14 anos deberán ir acompañados dun adulto.
Os prezos da excursión son os seguintes:
Menores de 18 anos: sen neve 75 â?¬ / con neve 126 â?¬
Maiores de 18 anos: sen neve 85 â?¬ / con neve 142 â?¬
Os prezos inclúen: autobús, pensión completa, actividades deportivas, monitoraxe, uso da piscina cuberta e climatizada e seguro de accidentes..
Para participar é requisito imprescindible estar empadroado no Concello de Ames.

Menú da Rede de Comedores Escolares

[21-02-2006] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando na seguinte ligazón:

Inscricións para a excursión a Ribadavia

[20-02-2006] Ata o día 3 de marzo está aberto o prazo de inscrición para a excursión a Ribadavia que se levará a cabo o sábado 11 de marzo de 2006.
Hai 100 prazas que se outorgarán por rigoroso orde de inserción.
A inscrición deberá facerse entre as 9 e as 14 horas nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns.
O prezo da excursión é de 12 euro.
A excursión forma parte do programa "Coñecendo país" que desenvolve a Concellaría de Cultura e Deportes e que nesta ocasión quere achegar aos veciños e veciñas de Ames Polas rutas do viño.

Aberto o prazo para a inscrición no xogo de pistas das bibliotecas

[15-02-2006] Está aberto o prazo para inscribirse no xogo de pistas A busca do tesouro que se desenvolverá na biblioteca de Bertamiráns o día 23 de febreiro e na do Milladoiro o día 24 do mesmo mes.
Neste xogo de pistas poderán participar os rapaces e rapazas maiores de 8 anos.
Os interesados e interesadas deberán inscribirse nas Bibliotecas Muncipais do Concello antes do día 22 de febreiro.
Os teléfonos das bibliotecas son:
Biblioteca de Bertamiráns 981 88 48 29
Biblioteca do Milladoiro 981 23 08 07


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925