Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Xa están cubertas a totalidade das prazas para a viaxe poética rosaliana e para a actividade do Apego Cantacontos

[07-03-2018] O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informa de que xa están cubertas todas as prazas para as seguintes actividades:

O domingo, 11 de marzo, haberá cortes e prohibicións de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga debido á realización da proba BTT Transgalaica

[06-03-2018] Este domingo, 11 de marzo, terá lugar en Bertamiráns a segunda proba do circuíto Transgalaica 2018, que se desenvolverá nos arredores do Pazo da Peregrina. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso municipal dos cortes e da prohibición de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga.

A actividade “Día de supervivencia. Lume, auga, refuxio...” xa ten todas as prazas cubertas

[28-02-2018] Xa non quedan prazas dispoñibles para a actividade “Día de supervivencia. Lume, auga, refuxio...”. As rapazas e rapaces xa inscritos participarán da actividade o sábado, 5 de maio, na Aula da Natureza entre as 12:00h e as 18:00 horas. Dirixido a rapazas e rapaces entre os 6 e os 14 anos, a iniciativa contará con servizo de autobús.

As xornadas de iniciación á internet organizadas pola Aula de Informática do Milladoiro contan con prazas dispoñibles

[28-02-2018] A Aula de Informática do Milladoiro ten programado para os días 12, 14, 19 e 21 de marzo o desenvolvemento dunhas xornadas de iniciación á internet para maiores de 18 anos. As xornadas, que son gratuítas, realizaranse en dúas quendas a escoller en función da dispoñibilidade das persoas usuarias: das 10:00h ás 11:30h e das 18:00h ás 19:30 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata que se cubran a totalidade das prazas.

Listaxes provisionais de admitidas/os e excluídas/os na Primavera Lúdica 2018

[22-02-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a listaxe provisional de solicitudes admitidas no programa Primavera Lúdica. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitida/o a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. Esta listaxe tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. As persoas que desexen presentar algunha emenda teñen de prazo ata o 8 de marzo de 2018. Este servizo desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril, entre as 07:30 e as 16:00 horas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925