Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Información sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios e psicomotricidade

[14-05-2019] Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole, Tardes divertidas, así como do programa de psicomotricidade, que o cobro do seguinte recibo realizarase o día 27 de maio de 2019.

Listaxe dos/as gañadores/as do XI Certame Artístico-Literario Intercentros e do XVI Certame Literario

[13-05-2019] O Concello de Ames fai público o nome das obras premiadas tanto na décima edición do Certame Artístico-Literario Intercentros como no décimo sexto Certame Literario de narrativa e poesía Concello de Ames. A este último presentáronse un total de 176 obras, mentres que no Intercentros participaron un total de 76 traballos. A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves, 16 de maio, nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro.

Listas provisionais do programa de conciliación municipal Xuño Lúdico

[13-05-2019] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuaurios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. O prazo para emendar defectos remata o vindeiro 28 de maio.

Aínda queda algunha praza libre para participar na visita á ruta “As Pegadas de Rosalía” deste sábado 11 de maio

[09-05-2019] A Concellaría de Turismo informa de que aínda queda algunha praza libre para participar na saída pola Ruta Rosaliana que organizan os Concellos de Ames, Brión e Padrón este sábado 11 de maio. A actividade incluirá a visita a lugares como o Panteón de Galegos Ilustres, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a Igrexa de Bastavales ou a Casa Museo Rosalía de Castro.

Listaxe definitiva de admitidas/os nos campamentos municipais de verán 2019

[08-05-2019] O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade, fai pública a listaxe definitiva de admitidas/os nos campamentos municipais de verán 2019. Tan só será necesario facer sorteo entre as persoas que solicitaron participar no campamento xuvenil de Diverlanhoso (Portugal). Deste xeito, realizarase un sorteo público o 13 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Os resultados e a lista de agarda publicaríanse o 15 de maio a partir das 14:00 horas. Este ano ofértanse 500 prazas para 11 campamentos diferentes, que se desenvolverán entre o 26 de xuño e o 2 de setembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925