Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Listas provisionais de solicitudes admitidas no programa de Escola de Verán 2018

[18-06-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa de Escola de Verán. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Esta lista tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. As persoas que desexen presentar algunha reclamación teñen de prazo ata o 25 de xuño de 2018.

Listas definitivas do programa de conciliación municipal Xuño Lúdico

[13-06-2018] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

Participa na convocatoria de proxectos de programas de radio cidadá (Ames Radio)

[12-06-2018] O Concello de Ames acaba de abrir unha nova convocatoria para presentar proxectos de programas de radio para emitir entre os meses de setembro e decembro en Ames Radio, con posibilidades de se prorrogaren ata xuño de 2019. Así, calquera persoa, asociación ou entidade de Ames poderá presentar os seus proxectos para a gravación e emisión dun programa de radio. A presentación dos proxectos realizarase a través dos rexistros do Concello en Bertamiráns ou no Milladoiro e deberá incluír a documentación esixida nas bases. O prazo para a presentación dos proxectos está aberto ata o 9 de xullo de 2018. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de participación nesta convocatoria.

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2018-2019

[06-06-2018] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 6 e o 20 de xuño o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2018-2019. Este período de preinscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público, ao que é preciso asistir, o xoves 28 de xuño, ás 16:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de preinscrición, pagamento, domiciliación bancaria e autorización de imaxes.

Comeza o horario de verán dos puntos de asesoramento ao consumidor do Milladoiro e Bertamiráns

[04-06-2018] As oficinas de asesoramento da Unión de Consumidores de Galicia (UGAL) de Milladoiro e Bertamiráns teñen a partir do 5 de xuño un horario diferente ao habitual. A oficina do Milladoiro (rúa Viorneira, nº6, baixo) abrirá os martes, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas. A oficina de Bertamiráns (no Pazo da Peregrina) atenderá ás persoas consumidoras os xoves, no mesmo horario.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925