Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

O venres, 2 de novembro, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín en Ames estarán pechadas

[30-10-2018] O Concello de Ames informa de que a empresa Espina & Delfín vén de emitir un aviso no que se comunica que o venres, 2 de novembro, estarán pechadas as oficinas que ten esta entidade nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódese chamar ao número de teléfono de atención permanente 673 830 393.

Consulta pública sobre o Regulamento da escola municipal de música do concello de Ames

[18-10-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do Regulamento da escola municipal de música do concello de Ames se procede a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 2211/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados polo Regulamento que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles, a contar dende o 18 de outubro e ata o día 15 de novembro, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica secretaria@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública e mailo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ames.

Listaxe das prazas libres dispoñibles na Escola Municipal de Música de Ames para o curso 2018-2019

[02-10-2018] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Educación e Cultura, fai pública a listaxe coa relación das prazas libres dispoñibles para o curso 2018/2019, co obxectivo de que quen estea interesado se inscriba nas prazas libres que quedan. Deste xeito, na modalidade de música e movemento, quedan 9 prazas libres para nenos/a nados en 2014, e 6 prazas para os nados en 2012. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata que se cubran as prazas, que se fará por orde de rexistro de entrada.

Listaxe coas persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais (curso 2018-2019)

[20-09-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, fai pública a listaxe coas persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2018-2019. As persoas que obtiveran praza, despois do sorteo realizado o pasado 19 de setembro, deberán solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico ou de xeito presencial e efectuar o pagamento das actividades nas que van a participar entre o 21 e o 26 de setembro. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non será necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Consulta pública sobre o Regulamento de participación cidadá do Concello de Ames

[20-09-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do Regulamento de participación cidadá do concello de Ames, en cumprimento de decreto da Alcaldía 1974/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados polo Regulamento que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles, a contar dende o 21 de setembro e ata o día 19 de outubro, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica secretaria@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública e mailo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ames.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925