Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Agenda


Agenda: viernes 18 de enero 2019

Exposición “Teatro do Noroeste: 30 anos actuando” na Casa da Cultura de Bertamiráns

O vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición na que se repasan os trinta anos de carreira do grupo de teatro fundado por Luma Gómez e Eduardo Alonso, dúas personalidades significativas da escena teatral galega.

Así, xa se pode desfrutar dun percorrido polos anos de actividade e as máis de 36 obras producidas pola compañía dende 1987, a través de carteis, bocetos, fotos, atrezzo e deseños de vestiario dos diversos espectáculos levados a escena polo Teatro do Noroeste.

Teatro do Noroeste chega a Bertamiráns coa obra Da avaricia, a luxuria e a morte

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 18 de xaneiro, a representación da obra Da avaricia, a luxuria e a morte ás 21.00h. A composición, baseada no retablo homónimo de Ramón María del Valle-Inclán, é adaptada e levada a escena polo grupo Teatro do Noroeste. As entradas, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica, teñen un custo de 5 euros en tarifa xeral e 2,5 euros na reducida.

<< 2019 >>
<< enero >>
L
M
Mi
J
V
S
D
 
6
7
8
9
10
11
 
 
 


más del ayuntamiento


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925