Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: sábado 11 de novembro 2017

Obradoiros "Ciencia Divertida"

No mes de outubro, comeza "Ciencia Divertida", unha serie de obradoiros para que as máis pequenas e pequenos se acheguen ao mundo científico. Os obradoiros, que se estenden, periodicamente, ao longo de cinco sesións ata o mes de decembro, desenvólvense na Aula da Natureza, ás 16.30 h, os sábados 7 e 14 de outubro, 4 e 11 de novembro e 2 de decembro. "Ciencia Divertida" está dirixida a mozas e mozos entre os 6 e os 14 anos.

Poesía para tirar o medo

O sábado, 11 de novembro, terá lugar o obradoiro "Poesía para tirar o medo", do cal haberá dúas sesións: ás 11:00h e ás 12:00 horas. O obradoiro realizarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. 

"Poesía para tirar o medo" é un obradoiro poético realizado por María Canosa e que está baseado no "Libro dos medos". Nel, aprenderanse fórmulas para superar o medo das cativas e cativos que asistan (escuridade, treboadas, arañas, soidade...).

A actividade está destinada a familias con crianzas entre os 0 e os 6 anos. Para participar, é preciso inscribirse previamente, entre o 2 e o 10 de novembro, a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, enviando o nome e a idade das persoas participantes, así como un teléfono de contacto.

Curso sobre horta sostible

A Aula da Natureza organiza un curso de 20 horas sobre horta sostible. O curso estará constituído por seis sesións repartidas entre os meses de outubro e novembro (15, 22 e 28 de outubro e 4, 11 e 26 de novembro). Cada sesión terá unha duración de tres horas: das 10:30 ás 13:30. 

O curso, que está destinado a persoas maiores de 16 anos, conta con 20 prazas dispoñibles. Para asistir, é preciso inscribirse entregando o formulario de inscrición no Rexistro municipal ou enviándoo ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

<< 2017 >>
<< novembro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
2
13
14
15
16
19
27
28
29
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925