Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: domingo 26 de novembro 2017

Campionato de Patinaxe Artística do Concello de Ames

O sábado, 25 de novembro, e o domingo, día 26, celebrarase o Campionato de Patinaxe Artística do concello de Ames. A competición será no pavillón polideportivo de Bertamiráns. 

Organizan os clubs de patinaxe CP Sarela e CPA Omega. A entrada será libre e gratuíta. 

Curso sobre horta sostible

A Aula da Natureza organiza un curso de 20 horas sobre horta sostible. O curso estará constituído por seis sesións repartidas entre os meses de outubro e novembro (15, 22 e 28 de outubro e 4, 11 e 26 de novembro). Cada sesión terá unha duración de tres horas: das 10:30 ás 13:30. 

O curso, que está destinado a persoas maiores de 16 anos, conta con 20 prazas dispoñibles. Para asistir, é preciso inscribirse entregando o formulario de inscrición no Rexistro municipal ou enviándoo ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

<< 2017 >>
<< novembro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
2
13
14
15
16
19
27
28
29
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925