Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: martes 2 de xaneiro 2018

Pista de patinaxe de xeo no Milladoiro

A actividade estrela que está incluída na programación de Nadal 2017 é a instalación dunha pista de patinaxe de xeo, que estará do sábado 30 de decembro ata o venres 5 de xaneiro, de 10:00h a 14:00 horas e de 16:00h a 21:00 horas, no aparcadoiro do Supercor. O sábado 6 a pista só estará aberta no horario de mañá.

Obradoiro de Cómic e Manga

O obradoiro de cómic e manga celebrarase, ao longo dos días 2, 3 e 4 de xaneiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 17:00h a 19:00 horas. Todas aquelas mozas e mozos, maiores de 12 anos, que queiran asistir deberán inscribirse previamente, ata o 20 de decembro, a través do enderezo electrónico omix@concellodeames.gal. Existen 16 prazas dispoñibles.

Os Bolechas no Nadal

Unha actividade lúdica e participativa con actores e monicreques, que se desenvolverá o 2 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 17:00 horas. Para asistir a esta actividade, que está dirixida a un público familiar, deberanse retirar as entradas na Billeteira previamente.

Animación para peques

O martes 2, o mércores 3 e o xoves 4 de xaneiro, en horario de 16:00h a 20:00 horas, desenvolveranse en Bertamiráns actividades de animación para as máis pequenas e pequenos da casa. As carpas con inchables, xogos e animación musical instalaranse na Praza de Chavián.

<< 2018 >>
<< xaneiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
27
28
29
30
31
 
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925