Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 5 de xaneiro 2018

Pista de patinaxe de xeo no Milladoiro

A actividade estrela que está incluída na programación de Nadal 2017 é a instalación dunha pista de patinaxe de xeo, que estará do sábado 30 de decembro ata o venres 5 de xaneiro, de 10:00h a 14:00 horas e de 16:00h a 21:00 horas, no aparcadoiro do Supercor. O sábado 6 a pista só estará aberta no horario de mañá.

Obradoiro de Robótica Educativa

A aula de informática da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o venres, 5 de xaneiro, un obradoiro de robótica educativa. O obradoiro, que estará destinado a rapazas e rapaces maiores de 12 anos, desenvolverase en horario de 10:00h a 14:00 horas. Para participar será preciso inscribirse, entre o 13 e o 20 de decembro. Existen 20 prazas dispoñibles.

Festa de Reis

O venres, 5 de xaneiro, as nenas e nenos amesáns celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa especial, que terá lugar nos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns. Previamente, os Reis Magos pasarán pola oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns, co obxectivo de deixar a súa firma no libro de sinaturas. Desde alí, partirán en cabalgata ata os pavillóns, onde se celebrarán tres grandes espectáculos: aéreos, de pompas e con aros. No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca.

Animación musical

O venres, 5 de xaneiro, a agrupación musical Tíralle do Aire percorrerá as rúas e prazas do Milladoiro, entre as 17:00h e as 20:00 horas.

<< 2018 >>
<< xaneiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
27
28
29
30
31
 
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925