Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 19 de outubro 2018

Concerto singular na Casa da Cultura do Milladoiro

Os catro prestixiosos músicos que foman Píscore aterran na casa da cultura do Milladoiro este venres, 19 de outubro, con 16 baquetas pero unha soa marimba. Ante este conflito, cada un dos músicos só ten unha hora para facela doar do xeito máis orixinal e abraiante, aínda que organizarse non vai ser tan doado.

Ao longo deste espectáculo, que acadou o premio do público Festiclow 2018 e foi nomeado o mellor valorado nos Domingos Principal deste ano, achegáselle ao espectador unha comedia xestual acompañada pola mellor música. Dirixido a toda a familia, pretende entreter apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Mofa e Befa: Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira

O dúo cómico Mofa e Befa chega á Casa da Cultura de Bertamiráns con un diálogo filosófico sobre a ciencia do pensamento. Ao longo de noventa minutos, ambas persoaxes terán que plantexarse a filosofía escénica que levan practicando todos estes anos: o “perralleirismo”, baseado no principio de que todo problema ten solución e, en caso de non tela, invéntase.

Esta obra, na que se ironiza sobre a filosofía e que outorga un peso importante ao papel do público na función, supón un novo éxito nos máis de 25 anos de carreira de Mofa e Befa.

Variedade é Vida. Noites na natureza

Dentro do programa “Variedade é Vida”, organizado pola Aula da Natureza, realizaranse diversas acampadas e saídas para achegar aos nenos e nenas amesás ao ámbito natural.

<< 2018 >>
<< outubro >>
L
M
Me
X
V
S
D
2
6
7
8
9
11
12
15
16
22
25
29
 
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925