Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 9 de novembro 2018

O espectáculo de danza "Gaia" chega á Casa da Cultura do Milladoiro

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. É unha historia en movementos na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

Este espectáculo, que se representa na Casa da Cultura do Milladoiro, está dirixido a todos os membros da familia, e supón un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Sen Cancelas Teatro representa a obra 2010 na Casa da Cultura de Bertamiráns

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a peza de teatro afeccionado “2010”, que arranca cun acontecemento ocorrido nese ano, e que se converterá no detonante de todo o que ocorra sobre o escenario.
A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

<< 2018 >>
<< novembro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
1
2
7
11
12
13
21
22
26
27
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925