Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 25 de maio 2018

Minia convídate a xogar

Dirixido a familias con crianzas dos 1 aos 6 anos, este espectáculo sensorial participativo desenvolverase o venres, 25 de maio, na Casa da Cultura do Milladoiro con dúas sesións: unha ás 18:00h e outra ás 19:00 horas. Este espectáculo resalta a importancia do xogo creativo e intenta fomentar nas crianzas e nas familias a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 15 e o 24 de maio. As inscricións deberanse realizar a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal.

Navegando entre papel e contos Mar Adiante

O obradoiro, que estará dirixido a crianzas entre os cursos de 2º e 6º de Primaria, realizarase o venres 25 na biblioteca do Milladoiro, ás 17:30 horas. O obradoiro estará centrado na papiroflexia e na obra Mar Adentro de María Victoria Moreno, autora homenaxeada neste 2018 polo Día das Letras Galegas.

<< 2018 >>
<< maio >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
1
6
9
10
11
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925