Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 29 de xuño 2018

VII Campus de Fútbol Bertamiráns FC

Entre o luns 25 e o venres 29 de xuño, celebrarase o VII Campus de Fútbol Bertamiráns FC, que terá lugar no campo de fútbol municipal desta localidade. As persoas interesadas en obter máis información sobre esta iniciativa poderán consultar a páxina web www.bertamiransfc.com

V Campus Fundación Celta de Vigo

O V Campus Fundación Celta de Vigo realizarase no campo municipal do Milladoiro. As persoas interesadas en obter máis información sobre esta iniciativa poden consultar a páxina web www.fundacioncelta.com.

Musical "Peter!... Voamos!"

Este venres, 29 de xuño, chega a Ames o espectáculo musical inclusivo Peter!... Voamos!, que está baseado na obra de Peter Pan. Será interpretada, nos xardíns do Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, por máis de 50 actrices e actores con discapacidade intelectual pertencentes á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas). Este musical, dirixido por Kiko Bouza, enmárcase dentro do proxecto “Abrindo os ollos ao mundo”. Este espectáculo está dirixido a un público familiar. A entrada será de balde. Se chove a actividade quedará suspendida.

<< 2018 >>
<< xuño >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4
5
7
8
10
11
12
15
17
18
19
20
21
22
24
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925