Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: sábado 19 de xaneiro 2019

Exposición “Teatro do Noroeste: 30 anos actuando” na Casa da Cultura de Bertamiráns

O vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición na que se repasan os trinta anos de carreira do grupo de teatro fundado por Luma Gómez e Eduardo Alonso, dúas personalidades significativas da escena teatral galega.

Así, xa se pode desfrutar dun percorrido polos anos de actividade e as máis de 36 obras producidas pola compañía dende 1987, a través de carteis, bocetos, fotos, atrezzo e deseños de vestiario dos diversos espectáculos levados a escena polo Teatro do Noroeste.

II Xornadas de Atención Temperá na infancia

A Consellería de Educación e Cultura e o Espazo de Estimulación Temperá Casiopea organizan este sábado, 19 de xaneiro, as II Xornadas de Atención Temperá de Ames a partir das 17.00h no Pazo da Peregrina. O evento, dirixido fundamentalmente a familias con crianzas entre os 0 e os 12 anos e profesionais deste ámbito, conta coa intervención das especialistas Marina Tubio, Mari Carmen Matalobos, Eva Gil, Tomás Rábanos, Andrés Gonzalo Iñiguez e Gonzalo García. A entrada é libre e gratuíta.

<< 2019 >>
<< xaneiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
6
7
8
9
10
11
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925