Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: xoves 3 de xaneiro 2019

Xogando coa Ciencia en Bertamiráns

Tralo éxito do programa A ciencia divertida, realizado durante a primeira metade deste ano, a Aula da Natureza organiza o ciclo Xogando coa ciencia. Dividido en tres sesións individuais e diferentes destinadas a nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade, esta quenda impartese na Casa da Cultura de Bertamiráns o 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Cociña de Nadal: obradoiro de galletas para os máis cativos/as

Os pequenos e pequenas da casa tamén poderán aprender cómo elaborar galletas de Nadal o día 2 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro, mentres que o 3 terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ambos de 11.30 a 13.30 horas.

Obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D organizado pola OMIX

A oficina municipal de información xuvenil (OMIX) organiza unha nova edición do obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D destinado a xoves de maiores de 12 anos, que se realiza os días 2, 3, 4 de xaneiro na Aula CeMIT da Casa da Cultura de Bertamiráns.

II Torneo Nadal de Fútbol Concello de Ames

O II Torneo de Nadal de fútbol Concello de Ames realizase os días 2 e 3 de xaneiro nos campos de fútbol municipais.

Xogos para nenos e nenas

A Asociación de Empresarios de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames, organiza os días 26 e 27 de decembro e 3 e 4 de xaneiro diversas actividades ao abeiro da iniciativa Xogos para nenos e nenas, que se desenvolverá nunha carpa habilitada na Praza do Concello de Bertamiráns.

<< 2019 >>
<< xaneiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
6
7
8
9
10
11
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925