[http://www.concellodeames.org]
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ás 18.00h A fiestra dos soños, un concerto para soñadores. A peza, a cargo do grupo Trotamundos, consistirá nun conxunto de trece poemas a través do que se busca, de xeito sinxelo pero sen fuxir de metáforas, pintar máis que narrar. Así os versos, que supoñen un canto á natureza, convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade... influenciadas polas músicas populares do mundo. Desta maneira, a composición busca non menosprezar a intelixencia das pequenas e pequenos. Este obxectivo empurra a que numerosos exercicios de memoria, trabalinguas, e outras composicións deste estilo se camuflen entre os poemas.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames