Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: mércores 15 de maio 2019

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre mindfulness

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este mércores, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado no mindfulness. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.

Xornada aberta sobre prevención de condutas aditivas na mocidade no IES do Milladoiro

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organiza este mércores, 15 de maio, unha xornada de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde na adolescencia. O evento, que terá lugar no salón de actos do IES do Milladoiro, estará aberto a todos/as os/as membros da comunidade educativa amesá. O obxectivo desta iniciativa será ofrecer aos asistentes información profesional sobre os distintos tipos de adiccións da man de varios especialistas, así como analizar os resultados acadados no estudo sobre Condutas aditivas e convivencia na mocidade amesá realizado pola USC no concello. Mediante esta xornada, buscase reforzar o traballo realizado nos últimos tres anos ao abeiro do programa de prevención de condutas aditivas e educación afectivo sexual no ámbito escolar.

<< 2019 >>
<< maio >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
12
13
14
17
19
20
21
24
25
26
27
28
30
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925