Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: xoves 2 de maio 2019

Proxección do documental "El silencio de los otros" no cinefórum organizado polo IESP de Ames

A película encargada de pechar o cinefórum titulado “Fascismo e represión. Xustiza e reparación", organizado polo IESP de Ames será “El silencio de los otros”, un documental no que se conta a búsqueda iniciada polos familiares das persoas desaparecidas durante o franquismo. Un traballo incesante no só por atopar e identificar os corpos, senón tamén por presentar aos responsables ante a xustiza. Este traballo, rodado ao longo de seis anos, foi premiado como mellor documental no 2018 no Festival de Berlín, nos Premios Goya e nos Premios Forqué 2018.

Andaina saudable no Milladoiro

Este xoves, a partir das 17.30 horas, celebrase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

<< 2019 >>
<< maio >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
12
13
14
17
19
20
21
24
25
26
27
28
30
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925