Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: xoves 23 de maio 2019

Sesión de contacontos no Milladoiro: Cando comer dá medo

Sesión de contacontos gratuíta na biblioteca do Milladoiro para nenos e nenas de tres a oito anos.

Andaina saudable en Bertamiráns

Este xoves, a partir das 17.30 horas, celebrase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

O Pazo da Peregrina acolle un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre coaching e toma de decisións

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado no coaching e a toma de decisións. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.

<< 2019 >>
<< maio >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
12
13
14
17
19
20
21
24
25
26
27
28
30
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925