Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 21 de setembro 2018

O Pazo da Peregrina acolle a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas

A sala de exposicións do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolle a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas, na que se mostran as obras seleccionadas en dito certame de artesanía, organizado pola Deputación da Coruña. A mostra pode visitarse de luns a domingo, en horario de 17.00 a 20.00 horas. 

A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades, e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá do encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño.

Fillos do Sol na Casa da Cultura do Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres, 21 de setembro, a representación de “Fillos do Sol”, unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

Ao longo de 75 minutos, o espectador será testigo da relación que un octoxenario Eduardo Pondal mantén con Eduardo, unha representación da propio poeta cando era xove, e con Rosa, unha xove criada da pensión na que se hospeda.

<< 2018 >>
<< setembro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
12
13


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925