Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Abre o prazo para...


Abre o prazo para participar na convocatoria de axudas para a promoción de festas populares (exercicio 2017)

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 29 de xuño as convocatorias de axudas para a promoción de festas populares e de actividades levadas a cabo por asociacións culturais (exercicio 2017). Este venres, 28 de xullo, saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). O prazo de presentación de solicitudes ampliouse en 15 días, polo que estará aberto ata o vindeiro 12 de setembro. As solicitudes poden ser presentadas tanto no Rexistro Municipal da Casa do Concello e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, así como nas Oficinas Xerais do Milladoiro. O Rexistro Municipal permanece aberto de luns a venres, en horario de 9:00h a 14:00 horas.

Para a promoción de festas populares durante este 2017, está destinada unha contía de 29.500 euros. A estas achegas económicas poderán optar aquelas asociacións culturais amesás, que estean legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición actualizados. Neste caso, poderán ser subvencionadas, ata un máximo do 50% do presuposto total, aquelas actividades asociadas á celebración de festas populares.

No tocante a esta liña de axudas para a promoción de festas, o que se procura é a existencia dunha programación festiva estable, a participación activa da veciñanza nas festas, a preservación das tradicións existentes nas distintas parroquias do Concello e a difusión da imaxe de Ames a partir das súa oferta festiva.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925