Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Abre o prazo para...


Abre o prazo para solicitar as axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social

O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro durante o exercicio de 2018. A contía destinada a esta convocatoria ascende aos 40.531,73 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 7.500 euros por proxecto de actuación, cun máximo de tres proxectos por entidade. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, a contar desde o día seguinte da publicación destas bases no BOP, publicadas o 23 de novembro, no caso de terminar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925