Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Convocatoria de...


Convocatoria de axudas para a plantación de árbores frondosas caducifolias co obxectivo de previr incendios forestais

O xoves, 31 de xaneiro, saíu publicada no BOP a convocatoria de axudas para desenvolver accións preventivas coa plantación de árbores frondosas caducifolias na rede de liñas secundarias para a xestión de biomasa definidas no plan de medidas preventivas fronte incendios forestais no período 2018-2019. Nesta liña de axudas poden participar exclusivamente os/as propietarios/as de fincas, que estean incluídas nos ámbitos 09 (Ventosa, Lombao, urbanización do Bosque Animado) e nos ámbitos 04A e 04B (monte de Outeiro - Pena Amarela). A esta liña de axudas destínanse 18.000 euros.

O plan de prevención de incendios forestais, aprobado en Pleno, recolle ir actuando cada ano en diversas zonas do concello ata completar todas as parroquias. Nesta terceira fase, o Concello podería chegar a plantar ata 4.000 árbores nunha superficie aproximada de 12 hectáreas, dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude.

A solicitude destas axudas pódese facer ata o vindeiro 11 de febreiro. Este prazo poderá ser ampliado ata o 15 de marzo de 2019, como máximo. Esta ampliación poderá ser realizada previa proposta razoada da unidade xestora. Esta convocatoria de axudas foi aprobada na Xunta de Goberno Local do pasado 24 de xaneiro de 2019.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925