Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Bases da...


Bases da décimo primeira edición do Certame Artístico-Literario Intercentros

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a décimo primeira edición do Certame Artístico-Literario Intercentros. Na convocatoria poderán participar as nenas e nenos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria escolarizados en centros amesáns. Os traballos, relatos ou poemas ilustrados poderán presentarse de xeito individual ou por parellas ata o 3 de maio, e deberan tratar sobre como lles gustaría aos rapaces e rapazas que fose Galicia no ano 2050. Os premios entregaranse, coincidindo co acto de celebración do Día das Letras Galegas, o 16 de maio no Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do certame.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925