Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Convocatorias


Convocatorias

En este apartado puedes consultar los plazos y requisitos para solicitar ayudas y subvenciones, conocer las convocatorias de empleo público y los concursos y subastas de licitaciones públicas del Concello de Ames. Para poder visualizar las convocatorias tienes que navegar por las categorías de tu interés.


Convocatoria dun proceso selectivo para a selección e contratación dunha brigada de espazos naturais para o Concello de Ames

[03-02-2017] O Concello de Ames publica o anuncio da convocatoria e mailas bases do proceso selectivo para a selección e contratación dunha brigada de espazos naturais para o Concello de Ames, composta por un capataz e dous peóns. Dito anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, número 24, o venres 3 de febreiro de 2017. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de febreiro de 2017 (hai 5 días hábiles seguintes á publicación do anuncio da convocatoria no BOP). Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio, o modelo e solicitude e maila declaración xurada.

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores á lectura

[02-02-2017] O Concello de Ames publica o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores á lectura. Establécese como data para a reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso o 8 de febreiro de 2017. O primeiro exercicio da fase de oposición será o vindeiro xoves, 16 de febreiro de 2017, ás 11:15 horas, debendo os/as aspirantes presentarse para o seu chamamento ás 11:00 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais xardineiros

[31-01-2017] O Concello de Ames publica o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais xardineiros. Establécese como data para a reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso o 6 de febreiro de 2017. O primeiro exercicio da fase de oposición será o vindeiro luns, 13 de febreiro de 2017, ás 11:45 horas, debendo os/as aspirantes presentarse para o seu chamamento ás 11:30 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais albaneis

[31-01-2017] O Concello de Ames publica o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais albaneis. Establécese como data para a reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso o 6 de febreiro de 2017. O primeiro exercicio da fase de oposición será o vindeiro luns, 13 de febreiro de 2017, ás 10:30 horas, debendo os/as aspirantes presentarse para o seu chamamento ás 10:15 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura

[27-01-2017] O Concello de Ames publica a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais do Concello de Ames. A data para a baremación de méritos será o día 1 de febreiro de 2017, ás 10:00 horas. Na baremación só ten que estar presente o Tribunal, non os aspirantes. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925