Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestre/a de guitarra para a EMMA

[15-02-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto polo que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de guitarra para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Dáse un prazo de cinco días hábiles, que remata o vindeiro 21 de febreiro do 2019, para a subsanación de documentación. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito decreto.

Resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras

[14-02-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras. O prazo para a presentación de alegación estará aberto ata o 19 de febreiro de 2019. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.

Plantilla coas respostas do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras

[14-02-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a plantilla coas respostas correctas do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita plantilla.

Resultado da proba de galego do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras

[07-02-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da proba de galego do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun oficial para a brigada de obras. Fíxase o primeiro exame da fase de oposición para o vindeiro 12 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resultado da proba de galego.

Convocatoria de axudas para a plantación de árbores frondosas caducifolias co obxectivo de previr incendios forestais

[05-02-2019] O xoves, 31 de xaneiro, saíu publicada no BOP a convocatoria de axudas para desenvolver accións preventivas coa plantación de árbores frondosas caducifolias na rede de liñas secundarias para a xestión de biomasa definidas no plan de medidas preventivas fronte incendios forestais no período 2018-2019. Nesta liña de axudas poden participar exclusivamente os/as propietarios/as de fincas, que estean incluídas nos ámbitos 09 (Ventosa, Lombao, urbanización do Bosque Animado) e nos ámbitos 04A e 04B (monte de Outeiro - Pena Amarela). A esta liña de axudas destínanse 18.000 euros.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925