Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta para a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA)

[29-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta para a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Abre o prazo para solicitar as axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social

[23-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro durante o exercicio de 2018. A contía destinada a esta convocatoria ascende aos 40.531,73 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 7.500 euros por proxecto de actuación, cun máximo de tres proxectos por entidade. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, a contar desde o día seguinte da publicación destas bases no BOP, publicadas o 23 de novembro, no caso de terminar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.

Anuncio do resultado do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames

[22-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Establécese un prazo para a presentación de alegacións que vai ata o 23 de novembro (incluído) de 2018 . Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os devanditos anuncios.

Decreto polo que se modifica a composición do Tribunal para as probas do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de administrativo

[22-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto polo que se modifica a composición do Tribunal que xulgará das probas do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de administrativo do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.

Proceso selectivo para a selección e contratación de 2 técnicos/as de inserción/prospección de empresas para o programa InserAmes-Brión XI

[22-11-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio publicado no BOP da convocatoria do proceso selectivo para a selección e contratación de 2 técnicos/as de inserción/prospección de empresas para o programa InserAmes-Brión XI. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 29 de novembro. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925