Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Anuncio coa proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo

[02-10-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio coa proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo do Concello de Ames. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Bases xerais reguladoras dos procesos selectivos de creación de bolsas de traballo a desenvolver no Concello de Ames

[02-10-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio coas bases xerais reguladoras dos procesos selectivos de creación de bolsas de traballo a desenvolver no Concello de Ames. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos/as do Concello de Ames

[26-09-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio publicado no BOP da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos/as do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de outubro de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.

Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro dual de emprego “Creas”

[21-09-2018] O Concello de Ames publica as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

Anuncios coas alegacións á fase de baremación e cos resultados da fase de oposición para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais

[17-09-2018] O departamento de Persoal fai públicos os anuncios coas alegacións á fase de baremación e cos resultados da fase de oposición, para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter ditos anuncios.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925