Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Listaxe definitiva de peóns da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames

[31-10-2017] O departamento de Persoal fai pública a listaxe definitiva de peóns da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames, onde se fixa o tribunal e as datas da baremación e do primeiro exercicio da fase de oposición.

Resultado do segundo exercicio do proceso selectivo para o nomeamento dunha/dun técnica/o de Secretaría

[30-10-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o nomeamento, como funcionario/a interino/a ata a cobertura da vacante dunha/dun técnica/o de Secretaría. Dáse de prazo para a presentación de alegacións ao segundo exame da fase de oposición ata o día 3 de novembro de 2017 (incluído). Ademais, convócase a aqueles aspirantes que superaron o proceso selectivo e non houberan acreditado estar en posesión do Celga 4, para o vindeiro 9 de novembro de 2017, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello para a realización da proba de galego. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio co resultado do segundo exercicio.

Resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación dun posto de responsable da brigada de xestión e repoboación forestal

[30-10-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación dun posto de responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. Convócase aos aspirantes ao segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro 6 de novembro de 2017. Dáse un prazo, para posibles reclamacións ao primeiro exercicio da fase de oposición, ata o 2 de novembro de 2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio co resultado do segundo exercicio.

Plantilla coas respostas do primeiro exame da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación dun posto de responsable da brigada de xestión e repoboación forestal

[30-10-2017] O departamento de Persoal fai pública a plantilla coas respostas do primeiro exame da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación dun posto de responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita plantilla.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na convocatoria de axudas destinada ás familias numerosas de Ames

[27-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, informa de que este xoves, 26 de outubro, saíu publicada, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a convocatoria de axudas orientada ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros, sendo de 1.200€ o máximo do importe individual concedido a cada unidade familiar. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 27 de novembro. Para obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 981 535 941 e 981 890 964.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925