Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[16-07-2015] O Concello de Ames informa do decreto de aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada, para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). Neste mesmo decreto figuran as datas e lugares das probas de baremación e oposición. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.

Resolución de reclamacións e puntuacións finais do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadores e asistentes infantís

[15-07-2015] O Concello de Ames informa da resolución de reclamacións e puntuacións finais do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís para as escolas infantís municipais de primeiro ciclo; A Madalena e O Bosque. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento coa devandita resolución.

Resultado da fase de oposición do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís

[14-07-2015] O Concello de Ames informa do resultado da fase de oposición do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís para as escolas infantís municipais de primeiro ciclo; A Madalena e O Bosque. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento co devandito resultado.

EXERCICIO FASE OPOSICIÓN BOLSA DE TRABALLO DE EDUCADORES/ASISTENTES INFANTÍS

[10-07-2015] O Concello de Ames publica a plantilla do exame, que se realizou o día 9 de xullo de 2015, do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita plantilla.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[09-07-2015] O Concello de Ames informa do decreto de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada, para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). O prazo de subsanación de documentación remata o mércores, 15 de xullo de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925