Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012

[25-09-2012] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que se aprobaron as bases que regulan a convocatoria de axudas para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012. A Administración local aportará un total de 29.600 euros para este fin co obxectivo de prestar apoio económico ás asociacións culturais existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega.

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2012

[25-09-2012] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2012. Nesta convocatoria de axudas poderán participar todas as asociacións culturais do concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS

[13-07-2012] A Concellaría de Educación do Concello de Ames vén de convocar as axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amienses ao longo do ano 2011. Esta liña de axudas ábrese a final de curso para poder recoller todas as actividades realizadas ao longo do ano. En total, destínanse 18.500 euros á subvención, ata un 80% do presuposto total, de saídas culturais e de actividades extraescolares. As solicitudes poden presentarse no rexistro xeral do Concello de Ames ata o vindeiro día 6 de agosto. As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados correspondentes, que poden obterse nas dependencias do departamento de Educación.

Bases das axudas municipais por familia numerosa

[08-06-2012] O Concello de Ames, en sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o 22 de maio de 2012, prestou aprobación as bases reguladoras da prestación económica de pagamento único de familia numerosa 2011. Estas bases teñen por obxecto establecer as condicións xerais que rexerán as axudas municipais por familia numerosa, destinadas a proporcionar un apoio económico a aquelas familias cualificadas como numerosas polo órgano competente en materia de benestar social da Xunta de Galicia ou organismos análogos doutas comunidades autónomas. Poderán ser beneficiarias desta axuda as unidades familiares que teñan fixada a súa residencia real e efectiva no Concello de Ames, debendo de acreditar como mínimo un ano de antigüidade ininterrompido de residencia á data de formulación da solicitude, xunto co resto de requisitos que se establecen no artigo 4.

Axudas para a xuventude galega

[21-05-2012] O Concello de Ames informa de diversas axudas dirixidas á xuventude galega, que saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) durante os días 14 e 16 de maio de 2012. Estas axudas son para estudantes universitarios que desexen ter unha estadía nalgún estado membro da Unión Europea; axudas para facilitar a obtención do permiso de conducir (clase B) e favorecer a seguridade viaria; axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo; e axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios no ano académico 2011/2012, nas universidades SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre estas axudas. Se precisas máis información en canto aos trámites e requisitos dalgunha destas ou outras axudas para a xuventude, pode comunicarse coa OMIX en omix@concellodeames.org e no 616083229.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925