Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Resultado da fase de oposición do proceso selectivo de catro peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[26-07-2016] O Concello de Ames informa dos anuncios cos resultados da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación temporal, a tempo completo, de 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar ditos anuncios.

Lista coas puntuacións provisionais do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego ACCEDE

[26-07-2016] O Concello de Ames publica a lista coas puntuacións provisionais do persoal docente e administrativo no obradoiro de emprego “Accede”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.

Lista provisional de alumnos-traballadores admitidos e suplentes no obradoiro de emprego ACCEDE

[26-07-2016] O Concello de Ames publica a lista provisional de alumnos-traballadores admitidos e suplentes no obradoiro de emprego “Accede”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.

Resultado da fase de concurso do proceso selectivo de catro peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[21-07-2016] O Concello de Ames informa do anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación temporal, a tempo completo, de 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito anuncio.

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo de catro peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[20-07-2016] O Concello de Ames informa da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación temporal, a tempo completo, de 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista, así como coñecer a composición do tribunal e as datas nas que se realizarán as probas de baremación e oposición dos/as aspirantes.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925