Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión”

[04-08-2016] O Concello de Ames publica as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión”. Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas bases.

Decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de conserxes en execución da sentenza ditada polo xulgado de Santiago de Compostela

[02-08-2016] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa do decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de conserxes, en execución da sentenza ditada polo xulgado do contencioso administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en data 19 de abril de 2016, no procedemento abreviado 579/2014. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito decreto.

Resolución da Alcaldía pola que se contrata 4 peóns e 1 xefe de brigada para a brigada de prevención e extinción de incendios forestais

[29-07-2016] O Concello de Ames informa da resolución de Alcaldía pola que se contratan 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dita resolución.

Anuncio coa proposta de contratación do proceso selectivo de catro peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[28-07-2016] O Concello de Ames informa do anuncio final coa proposta de contratación do proceso selectivo para a contratación temporal, a tempo completo, de 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito anuncio.

Resultado da fase de oposición do proceso selectivo de catro peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[26-07-2016] O Concello de Ames informa dos anuncios cos resultados da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación temporal, a tempo completo, de 4 peóns e 1 xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, verán 2016. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar ditos anuncios.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925