Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil (curso 2015-2016)

[29-10-2015] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2015-2016. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 18.500 euros.

Resolución pola que se crea unha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca do Concello de Ames

[06-10-2015] O Concello de Ames informa do decreto coa resolución pola que se crea unha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Anuncio coa proposta do Tribunal dos/as candidatos/as para formar parte dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca do Concello de Ames

[05-10-2015] O Concello de Ames informa sobre o anuncio coa proposta do Tribunal dos/as candidatos/as para formar parte dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Resolución das alegacións ao resultado de baremación e ao resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca

[02-10-2015] O Concello de Ames informa do anuncio coa resolución das alegacións ao resultado de baremación e ao resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca. Fíxase como data para o sorteo que permita dirimir os empates entres os aspirantes o vindeiro luns, 5 de outubro de 2015, ás 09:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Dito sorteo realizarase en audiencia pública, podendo asistir os/as aspirantes que así o desexen. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Plantilla coas respostas do exame da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca

[25-09-2015] O Concello de Ames informa sobre a plantilla coas respostas do exame da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca do Concello de Ames realizado o pasado día 24 de setembro de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita plantilla.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925