Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[09-07-2015] O Concello de Ames informa do decreto de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada, para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). O prazo de subsanación de documentación remata o mércores, 15 de xullo de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.

Corrección de erros do resultado da fase de concurso do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís

[08-07-2015] O Concello de Ames informa da corrección de erros do resultado da fase de concurso do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís. Amplíase o prazo para presentar reclamacións ao resultado da fase de baremación ata o día 10 de xullo de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento coa correción de erros do resultado do proceso de baremación.

Resultado do proceso de baremación do proceso selectivo de educadores/asistentes infantís

[07-07-2015] O Concello de Ames informa do resultado do proceso de baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadoras/asistentes infantís. O exame será o xoves, 9 de xullo, ás 18:30 horas, no pavillón de Bertamiráns. O chamamento dos aspirantes comezará ás 18:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o resultado do proceso de baremación.

Proceso selectivo de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

[06-07-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 7 ata o 11 de xullo (5 días hábiles). O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

Resolución de Alcaldía pola que se aproba a bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo

[03-07-2015] O Concello de Ames informa de que a través do decreto 1046/2015 apróbase a creación dunha bolsa de traballo de asesores/as xurídicos/as para o departamento de urbanismo do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito decreto.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925