Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Lista definitiva de admitidos e suplentes na segunda convocatoria do obradoiro de emprego "Accede"

[15-09-2016] O Concello de Ames publica a lista definitiva dos alumnos-traballadores admitidos e suplentes na segunda convocatoria do obradoiro de emprego “Accede”. Esta lista afecta ao persoal presentado tanto no Concello de Ames como no de Brión. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.

Lista provisional de admitidos e suplentes na segunda convocatoria do obradoiro de emprego "Accede"

[13-09-2016] O Concello de Ames publica a lista provisional dos alumnos-traballadores admitidos e suplentes na segunda convocatoria do obradoiro de emprego “Accede”. Esta lista afecta ao persoal presentado tanto no Concello de Ames como no de Brión. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a provisión de dous técnicos de inserción laboral (InserAmes-Brión IX)

[08-09-2016] O Concello de Ames informa, a través do departamento de persoal, da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a provisión, polo procedemento de urxencia, con carácter temporal e ao 85% da xornada, de dous postos de persoal laboral na categoría de técnico medio de inserción laboral/prospección de empresas, no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión IX 2016-2017", anuncio que foi publicado no BOP número 160, de 24 de agosto de 2016. O prazo de subsanación de documentación remata o día 14 de setembro de 2016.

Lista definitiva dos alumnos-traballadores admitidos/as e suplentes no obradoiro de emprego RenovAmes-Brión

[06-09-2016] O Concello de Ames fai pública a relación definitiva de alumnado admitido e suplente no obradoiro de emprego RenovAmes-Brión. Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o listado definitivo de alumnado admitido e suplente.

Lista coas puntuacións definitivas do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego RenovAmes-Brión

[06-09-2016] O Concello de Ames publica a lista coas puntuacións definitivas do persoal presentando ás prazas de director/a do obradoiro de emprego RenovAmes-Brión, de mestre/a na especialidade de montaxe e mantemento de instalacións fotovoltaicas, de auxiliar administrativo/a e de titor/a ou mestre/a de xestión empresarial.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925