Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

[02-06-2015] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da baremación correspondente á fase de concurso terá lugar o vindeiro día 3 de xuño de 2015, ás 9:00 horas, nas dependencias da Casa do Concello. A realización da proba correspondente á fase de oposición terá lugar o vindeiro día 5 de xuño de 2015, ás 11:00 horas. Os opositores deberán presentarse provisto do DNI, ás 10:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do DNI e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto coa lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais durante o ano 2015

[26-05-2015] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais durante o ano 2015. Nesta convocatoria de axudas poderán participar todas as asociacións culturais do concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 40.000 euros e o importe individual das achegas concedidas non poderá superar os 7.500 euros.

Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2015

[26-05-2015] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude para participar na convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2015. En total, a esta convocatoria destínanse 29.600 euros e poderán beneficiarse dela as asociacións culturais de Ames, legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, e as comisións de festas.

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas no ano 2015 por clubs e asociacións deportivas

[26-05-2015] O Concello de Ames informa das bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2015 por clubs e asociacións deportivas. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas descubertas municipais

[19-05-2015] O departamento de Persoal fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas descubertas municipais do Concello de Ames. Os/as interesados/as poderán presentar as reclamacións que estimen convenientes no prazo de 10 días hábiles, que remata o vindeiro día 30 de maio de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista provisional.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925