Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Corrección de erros do resultado do segundo exercicio do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[22-07-2015] O Concello de Ames informa da corrección de erros feita sobre o resultado do segundo exercicio (proba física de esforzo) do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada, para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita corrección de erros.

Decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de educadores/asistentes infantís para as escolas infantís municipais

[22-07-2015] O Concello de Ames informa do decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de educadores/asistentes infantís para as escolas infantís municipais de primeiro ciclo; A Madalena e O Bosque. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito decreto.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

[22-07-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de admitidos e excluídos do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.

Anuncio do sorteo realizado para dirimir os empates producidos no resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadores/asistentes infantís

[20-07-2015] O Concello de Ames informa do resultado do sorteo realizado para dirimir os empates producidos no resultado final do proceso selectivo de educadores/ asistentes infantís para as escolas infantís municipais de primeiro ciclo; A Madalena e O Bosque. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento coa devandito resultado.

Anuncios cos resultados do primeiro exercicio da fase de oposición dos peóns e do xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[20-07-2015] O Concello de Ames informa dos resultados do primeiro exercicio da fase de oposición dos peóns e do xefe de brigada do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada, para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar os devanditos resultados.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925